22 de marzo de 2015

A memoria da choiva I - Compilación do léxico



Instrucións de organización do alumnado para a elaboración colaborativa do léxico da obra A memoria da choiva de Pedro Feijoo.



1A
1B
número na aula
páxinas
páxinas
1
1-14
269-282
2
15-28
283-296
3
29-42
297-310
4
43-56
311-324
5
57-70
325-338
6
71-84
339-352
7
85-98
353-366
8
99-112
367-380
9
113-126
381-395
10
127-140
396-410
11
COMPILADOR
411-426
12
141-154
REVISORA
13
155-168
427-441
14
REVISORA
442-456
15
169-182
457-469
16
183-196
COMPILADOR
17
197-210
COMPILADOR FINAL
18
211-254
exenta
19
255-268
REVISORA FINAL

FUNCIÓNS
BUSCADORES
  • Buscar nas páxinas adxudicadas o léxico descoñecido ou que poida presentar dificultades á hora de ser utilizado nunha creación textual.
  • O formato das entradas debe ser, palabra en negriña e con maiúscula inicial, dous puntos, definición. Ex.:
Palabra: Definición.
  • Ordenar ese léxico alfabeticamente.
  • Pasarlle o corrector.
  • Enviarlle un arquivo con identificación ao compilador do seu grupo.
COMPILADORES
  • Deben compilar o léxico de toda a súa aula.
  • Ordenalo alfabeticamente eliminando as posibles repeticións.
  • Pasarlle o corrector.
  • Comprobar que o formato de todas as entradas é igual.
  • Enviarllo á persoa encargada da revisión na súa aula.
REVISORES
  • Debe darlle a última revisión ao arquivo comprobando a orde alfabética, a revisión ortográfica e a non repetición de palabras.
  • Debe enviarlle o léxico da súa aula nun único arquivo ao compilador final.
  • Debe crear unha listaxe de correo da súa aula.
  • Debe enviarlle ao alumnado da súa aula a versión que lle facilite a revisora final.
COMPILADOR FINAL
  • Debe xuntar nun único arquivo os léxicos de todo o libro enviados polas dúas aulas.
  • Debe comprobar a orde alfabética e eliminar as entradas repetidas.
  • Debe pasarlle o corrector.
  • Debe comprobar que o formato de todas as entradas é igual.
  • Debe enviarlle o arquivo final á revisora final.
REVISORA FINAL
  • Debe darlle a última revisión ao arquivo comprobando a orde alfabética, a revisión ortográfica e a non repetición de palabras.
  • Debe enviar o arquivo a:
    • e aos revisores das dúas aulas para que á súa vez llelo faciliten aos seus compañeiros e compañeiras para que poidan ir avanzando no estudo do léxico de cara ao exame.
PRAZOS
Indícanse as datas límite para a entrega do traballo asignado.
  • Prazo compiladores: 8 de abril
  • Prazo revisores: 10 de abril
  • Prazo compilador final: 12 de abril
  • Prazo revisora final: 14 de abril
  • Exame do libro: 24 de abril

9 de febreiro de 2015

Traballo semana 9 de febreiro (actualizarase día a día)

1ª sesión da semana
Páxs. 104-105:
- realiza un esquema numerado do apartado Terminoloxía específica (I)
- 1 (escribe no teu caderno as vantaxes e inconvenientes que se sinalan neste exercicio para debatelo na aula outro día)
- 2 para facer na casa
- 3 para facer na casa o primeiro e o segundo apartados (busca 20 termos de uso cotián).

2ª sesión da semana
Páxs. 120-121:
- realiza un esquema numerado do apartado Terminoloxía específica (II)
- 1 (escribe no teu caderno o primeiro apartado)
- 2
- 3
- 4 para facer na casa

14 de xaneiro de 2015

3 de novembro de 2014

Falando do futuro: Hai cousa peor que estudar galego?

Columna de opinión de Francisco Cidrás, publicada en Praza Pública, sobre o tratamento que lle dan os medios de comunicación e o ministerio de educación aos datos sobre a inserción laboral dos licenciados en galego.

http://praza.gal/opinion/2122/hai-cousa-peor-que-estudar-galego/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter


14 de outubro de 2014

Práctica de análise morfolóxica 1


 
  • Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras xustificando os seus elementos.
  • Clasifica a palabra segundo a súa estrutura mórfica.
  • No caso dos substantivos, realiza tamén a súa análise semántica.

  1. amiguiño
  2. arbitrarios
  3. bondade
  4. branquear
  5. brevidade
  6. brillante
  7. capacidade
  8. creada
  9. diamante
  10. divindade
  11. ilóxicas
  12. inxusto
  13. notoriedade
  14. novidade
  15. pianista
  16. preescolar
  17. prehistoria
  18. premer
  19. prever
  20. realidade
  21. representación
  22. seriedade
  23. soidade
  24. solidariedade
  25. zambiano

9 de outubro de 2014

A viaxe de Gagarin 01


Hoxe comezamos a nosa aventura co libro de Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin.



Vexamos o booktrailer da novela:





Este libro ademais do seu valor intrínseco, agocha un grande agasallo, o Blog Gagarin que inclúe 30 meritorias entradas elaboradas polo autor onde nos ofrece o que poderiamos denominar "A outra novela", unha ampliación de todos os universos contidos no texto en formato bitácora nas que podes explorar e explorar ata te perderes unha e outra vez na internet da man do grande Agustín, a mellor proba de que un grande escritor leva un gran blogueiro dentro.

Manuscrito do autor que podes atopar no Blog Gagarin.