Amor faz a min amar tal senhor
que é máis fremosa de quantas sei,
e faz-m'alegr'e faz-me trobador,
cuidand'en ben sempr'; e máis vos direi:
faz-me viver en alegrança
e faz-me toda vía en ben cuidar.
Pois min Amor non quer leixar
e dá-m'esforc'e asperança,
mal venh'a quen se del desasperar.
Ca per Amor cuid'eu máis a valer,
e os que del desasperados son
nunca poderán nen ũu ben haver,
mais haver mal; e por esta razón
trob'eu e non per antolhança,
mais pero que sei mui lealment'amar.
Pois min Amor non quer leixar
e dá-m'esforc'e asperança,
mal venh'a quen se del desasperar.
Cousecen min os que amor non han
e non cousecen si, vedes que mal!,
ca trob'e canto por senhor, de pran,
que sobre quantas hoj'eu sei val
de beldad'e de ben falar,
e é cousida sen dultança.
Atal am'eu, e por seu quer'andar.
Pois min Amor non quer leixar
e dá-m'esforc'e asperança,
mal venh'a quen se del desasperar.
Airas Nunes
Amosando publicacións coa etiqueta textos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta textos b>. Amosar todas as publicacións
26 de abril de 2016
30 de setembro de 2015
Texto 2 - Principios e obxectivos do bacharelato LOMCE
![]() |
| Imaxe de Kilroy. |
DECRETO
86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade
Autónoma de Galicia.
TÍTULO
II
Bacharelato
CAPÍTULO
I
Principios
e obxectivos
Artigo
25. Finalidade
O
bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado
formación, madureza
intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan
desenvolver funcións sociais
e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así
mesmo, capacitará
o alumnado para acceder á educación superior.
Artigo
26. Obxectivos
O
bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que
lle permitan:
a)
Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e
adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores
da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia,
así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade
na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a
sustentabilidade.
b)
Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de
forma responsable
e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de
prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e
sociais.
c)
Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes
e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e
discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a
muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das
persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social,
con atención especial ás persoas con discapacidade.
d)
Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións
necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio
de desenvolvemento persoal.
e)
Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua
galega e a lingua castelá.
f)
Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas
estranxeiras.
g)
Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da
información e da comunicación.
h)
Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo,
os seus antecedentes
históricos e os principais factores da súa evolución. Participar
de xeito solidario no
desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.
i)
Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais,
e dominar as
habilidades básicas propias da modalidade elixida.
l)
Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da
investigación e dos
métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a
contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións
de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara
ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con
especial referencia ao territorio galego.
m)
Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade,
flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e
sentido crítico.
n)
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o
criterio estético, como
fontes de formación e enriquecemento cultural.
ñ)
Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o
desenvolvemento persoal e
social, e impulsar condutas e hábitos saudables.
o)
Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade
viaria.
p)
Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de
Galicia, e contribuír
á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
Artigo
27. Principios metodolóxicos
1.
Os centros docentes implementarán metodoloxías que teñan en conta
os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas
características individuais e/ou estilos de aprendizaxe, co fin de
conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento das
súas capacidades. Así mesmo, estas metodoloxías deberán favorecer
a capacidade
do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e
promover o traballo en equipo, e para aplicar métodos de
investigación apropiados.
2.
A metodoloxía que se utilice no bacharelato favorecerá o traballo
individual e en grupo, o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o
uso de técnicas e hábitos de investigación
en distintos campos do saber, a capacidade do alumnado de aprender
por si mesmo, así
como a transferencia e a aplicación do aprendido.
3.
As tecnoloxías da información e da comunicación serán unha
ferramenta necesaria
para a aprendizaxe en todas as materias, tanto polo seu carácter
imprescindible na educación superior como pola súa utilidade e
relevancia para a vida cotiá e a inserción laboral.
4.
A consellería con competencias en materia de educación promoverá
as medidas necesarias
para que as habilidades de comprensión de lectura e de uso da
información, a expresión escrita e a capacidade de se expresar
correctamente en público se traballen polo profesorado en todas as
materias. O alumnado de bacharelato debe adquirir, ademais, un manexo
adecuado da información en diferentes soportes e procedente de
distintas fontes, incluída
a biblioteca escolar, en liña co concepto de alfabetizacións
múltiples.
5.
Os centros docentes impartirán de xeito integrado o currículo de
todas as linguas da súa oferta educativa, co fin de favorecer que
todos os coñecementos e as experiencias lingüísticas do alumnado
contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa
plurilingüe. No proxecto lingüístico do centro concretaranse as
medidas tomadas para a impartición do currículo integrado das
linguas. Estas medidas incluirán, polo menos, acordos
sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as
linguas, acordos sobre a
terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará
aos contidos, aos criterios de avaliación e aos estándares de
aprendizaxe similares nas materias lingüísticas, de
xeito que se evite a repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe
de calquera lingua.
6.
A acción titorial e a orientación educativa e profesional terán un
papel relevante nesta etapa. O/a profesor/a titor/a coordinará a
intervención educativa do equipo docente e manterá unha relación
permanente cos pais, coas nais ou cos titores e coas titoras legais,
co
fin de garantir o exercicio dos dereitos recoñecidos no artigo
4.1.d) e g) da Lei orgánica
8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
*Tamén podes descargar o texto en formato .doc a través da seguinte https://www.dropbox.com/s/ocyims0ppacaaf1/Texto%202-Principios%20e%20obxectivos%20do%20bacharelato%20LOMCE.doc?dl=0
_________________
ACTIVIDADES SOBRE O TEXTO
- Indica o tipo de texto segundo a intención comunicativa e segundo o ámbito de uso. Sinala dúas características coas que poidas xustificar a túa resposta. (As respostas que precisas pódelas atopar no libro de texto.)
- Cantos son os obxectivos sinalados para o bacharelato no Artigo 26? Cres que no texto todos os obxectivos son igual de importantes ou se establece algún tipo de xerarquía entre eles?
- Cales son os obxectivos referidos especificamente á competencia lingüística do alumnado? Que se di neles?
- Indica algún contido do texto que che resultase especialmente interesante, te sorprendese ou che gustaría salientar? Cal? Por que?
- Realiza un esquema no que deas conta da estrutura do texto e dos seus principais contidos.
- Cres que para ti como membro do alumnado resulta interesante este texto? Xustifica a túa resposta.
- Veste reflectido ou reflectida no tipo de adolescente retratado no texto? Xustifica a túa resposta.
- Segmenta morfoloxicamente a palabra "impartición" e sinala a súa clasificación segundo a estrutura mórfica (simple, derivada, composta, parasintética).
- Procura cinco substantivos abstractos no texto e indica se son abstractos de cantidade, de calidade ou de fenómeno.
- Indica o significado dos seguintes termos e expresións no seu contexto:
- Patrimonio material e inmaterial galego (no derradeiro obxectivo do Artigo 26).
- Transferencia (no segundo principio metodolóxico do Artigo 27).
- Alfabetizacións múltiples (no cuarto principio metodolóxico do Artigo 27. Cantas e cales son?)
28 de setembro de 2015
Texto 1 - O día da marmota (Xosé Maneiro)
Xosé
16 de setembro de 2015. Actualizado ás 05:00 h.
Cada ano o día do comezo de curso parécese moito a aquela película de Bill Murray na que se erguía no mesmo día unha e outra vez. Pois iso, falta de recursos materiais e humanos, deficiencias nas instalacións, conexión a Internet insuficiente... Son parte da xa ben coñecida rutina de todos os anos, á que este curso se lle engaden dous elementos máis: unha lei, a Lomce, que este curso se pon en marcha en ESO e bacharelato, e as axudas para adquisición de libros, que están a encher ás familias de preocupación e de angustia ante o comezo do novo curso.
Pero coma sempre, dalgún xeito, aquel no que alumnado, familias e profesorado traballan xuntos por unha educación pública libre e de calidade, as cousas funcionarán, as clases irán adiante e as alumnas e alumnos se poñerán a traballar e aprender. A sociedade merece, por fin, unha reforma educativa ben meditada, que recolla ideas de todos os sectores, que teña unha memoria económica que faga posible a súa posta a punto e, sobre todo, acordada. E isto non o poden facer só os políticos. Iso temos que facelo todas e todos, os profesionais en primeiro lugar (mestras e profesores, expertos de pedagoxía e de organización escolar, equipos directivos, psicólogos?), e, como non, os estudantes e as súas familias con eles, sen esquecer a asociacións culturais, deportivas, musicais...
O único camiño que nos queda é atopar puntos en común, buscar e traballar arreo un acordo; socio-político primeiro, profesional despois. Marcar os obxectivos para logo marcar contidos e metodoloxías, así como formas de retroalimentación do sistema, que adapte en cada momento a educación á realidade que vivimos. E todo con calma e sen presas e con previsión. O decreto que aprobaba o currículo de ESO e bacharelato de Galicia saíu publicado só dous días, 48 horas, antes de que comezara o prazo de matrícula nos institutos. A orde que regula as materias de libre configuración autonómicas e o seu currículo foi publicada cinco días despois de que rematara o devandito prazo.
Como estudante vivín un só sistema educativo cunha soa lei, a LGE do 1970. Coma mestre sufrín seis (¡seis, mi madriña!) leis orgánicas que implicaban cambios no sistema educativo: a LODE 1985, Logse 1990, a Lopeg 1995, a LOCE 2002 -paralizada polo seguinte Goberno-, a LOE 2006 e agora a Lomce 2013. Cada unha leva o nome de pila «Lei Orgánica?» e, como non, de primeiro apelido o nome do partido que gobernaba nese momento e que o facía -menos en 1995- en maioría absoluta.
O protagonista de O día da marmota namórase da guapa da película, non sen antes aprender unha chea de cousas; nese momento comeza un novo día e remata o ciclo. Pois iso, xa é hora de que aprendamos e acabemos, entre todos, con esta situación, xa é hora de que comece un novo día.
Publicado en La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/09/16/dia-da-marmota/0003_201509B16C6994.htm

| Imaxe procedente de Orientación Andújar. |

- Indica o tipo de texto. Podemos sinalar unha tese e uns argumentos?
- Expresa oralmente a túa opinión con tres argumentos.
- Localiza as repeticións do texto e propón opcións de mellora para elas.
- Maiúsculas, minúsculas... que outro tipo de variantes tipográficas coñeces? Hai algún lugar no texto onde empregarías a cursiva?
- Repasa a maneira en que se cita unha data correctamente. Sabemos usar a palabra Internet? O seu emprego ofrece algún tipo de particularidade?
- Comenta a acentuación diacrítica no texto.
- Que tipo de palabra (categoría gramatical) é "arreo"? Saberías 3 sinónimos?
- Que tipo de palabra é "sociopolítico" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Procura 3 palabras nas que "socio-" signifique "sociedade".
- Que tipo de palabra é "retroalimentación" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Cal é o significado de "retro"? Saberías 3 palabras que inclúan este elemento?
- Que datos nos ofrece o enderezo web que acompaña o texto?
14 de outubro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)