1 de marzo de 2014

Entroido

Entroido Viana do Bolo 2009_0098.JPG
Máscara do Entroido de Viana do Bolo
Como é moita a materia desta avaliación, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación das preguntas de teoría relativas ao bloque Lingua e sociedade.
Feliz Entroido!
______

Preguntas do bloque Lingua e sociedade:

- Sinala as etapas e subetapas da historia da lingua galega coa datación correspondente. (p. 24) (O termo subetapas fai referencia ás subdivisións que podemos establecer dentro do séc. XX)
- Sinala as 4 etapas da evolución da escrita do galego dende o século XIX coa datación correspondente. (pp. 76-79)
- O substrato prerromano e os superestratos xermánico e árabe. (pp. 25-26, 42-43)
- O galego na Idade Media. (pp. 27-29, 46)
- O galego nos Séculos Escuros (pp. 30-31, 46-47)
- O galego no Rexurdimento, o galego popularizante (pp. 60-63, 77-78)
- O galego no primeiro terzo do séc. XX, o galego diferencialista (1900-1936). (pp. 63-64, 78-79)
- O galego da Guerra Civil e da posguerra, o galego protoestándar (1936-1975). (pp. 64, 79-80)
- O galego na democracia, o galego estándar (1975-hoxe). (pp. 64-65, 80)
- Indica os 4 tipos de variedades que podemos atopar no interior das linguas e os criterios de variación que as orixinan. (pp. 94-97)
- Que é unha lingua natural? Que é unha lingua artificial? Que é unha lingua franca? Que é un pidgin? - Que é un crioulo? (p. 110)
- Que son linguas por distancia? Que son linguas por elaboración? (p. 111)
- Que é unha familia lingüística? Cales son as linguas románicas? Que familias lingüísticas proceden do indoeuropeo? (p. 112 e Galipedia)
- Cales son as cinco linguas máis faladas no planeta? - Cantos millóns de persoas falan o portugués? Con cantos millóns de persoas se pode comunicar un galego? (Galipedia)
- Explica a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria aplicándoo ao caso galego. (p. 114)
- Sinala as sete linguas oficiais que atopamos na Península Ibérica. (p. 126-127, 164)
- Que lexislación autonómica, estatal e europea recolle a protección do galego? (pp. 127-128, 146-149)
- Analiza os sistemas de normalización no ensino en Galicia, País Vasco e Cataluña e os seus resultados. (pp. 128-129, 148)
- Que territorios abrangue o dominio lingüístico galego? (pp. 143-145)
- Cales son os oito estados que teñen como lingua oficial o portugués? (p. 163)

27 de febreiro de 2014

AVISO ENTREGAS 21 DÍAS CO GALEGO

Estou atopando que dentro de moitos correos co asunto ben, veñen os arquivos mal identificados ou sen identificación, así éme imposible ordenar o material e corrixilo.
Lémbrovos por última vez que tanto o ASUNTO como o ARQUIVO teñen que ter o seguinte formato:
1A_apelido_apelido_nome_21DCG_dia01

Non se admitirán aqueles correos ou arquivos entregados de forma incorrecta.

Por falta de tempo, non se enviará correo de aviso daqueles que sexan entregados de xeito incorrecto. 

TODO O MUNDO TEN QUE ENTREGAR TODO BEN! 

*Poderanse reenviar arquivos ata o domingo 29.

24 de febreiro de 2014

Ecolingüismo





CUESTIONARIO EXPOSICIÓN:

  1. Quen inventou o termo “ecolingüismo”? Cando?
  2. O ecolingüismo sostén que unha lingua é como un...
  3. Cales son as cinco razóns que xustifican a necesidade de protección dunha lingua?
  4. Unha lingua é cuestión individual dunha falante ou é unha cuestión social.
  5. Cando desaparece unha lingua segundo a UNESCO?
  6. Cantos idiomas se estima que poden desaparecer cada ano no séc. XXI?
  7. Que pasou en Galicia en só 12 anos (entre 1992 e 2004)?
  8. Que linguas están en perigo de extinción na Península segundo a UNESCO?
  9. De quen depende que unha lingua perdure?
  10. Que barreiras di a estudosa Goretti Sanmartín que hai que superar?
  11. Que significa normalizar o uso dunha lingua?
  12. Que documento europeo protexe as linguas?

Corasóns




Velaquí tedes 3 exemplos de alumnado do IES FÉLIX MURIEL de Rianxo.


CON AMOR, PASIÑO A PASIÑO

21 Días co Galego

Do 3 ao 23 de febreiro de 2014 estivemos aquí.

http://21diascogalego.blogspot.com.es

27 de xaneiro de 2014

Verbos: exercicios



Nas seguintes ligazóns poderás atopar exercicios para practicares o estudo dos verbos coas súas correccións por cortesía de Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel.

ogalego.eu VERBO 1

ogalego.eu VERBO 2

25 de xaneiro de 2014

Semana do 27 de xaneiro


Dado que a vindeira semana teremos o exame de morfoloxía verbal, aprazamos o traballo sobre o libro de lectura obrigatorio para a seguinte semana para que teñades máis tempo para estudar. Con todo, avanzamos un pouco na lectura para que logo non se acumulen moitas páxinas nunha única semana.

Xoves 30 de xaneiro: 
- exame de morfoloxía verbal*.
- compromiso de lectura de Ámote Leo A. ata a páx. 96.

Preguntas do exame de morfoloxía verbal:
- Segmenta as seguintes formas verbais indicando todos os morfemas constituíntes (aínda cando de trate de morfos cero) como fixemos na aula.
- Indica a forma verbal que se corresponde con cada definición.
- Define as seguinte formas verbais.
- Clasifica semanticamente as seguintes perífrases verbais.

*Abrangue o explicado na aula e o apartado de estudo da lingua dos temas 7, 8 e 9 do libro de texto.