Estou atopando que dentro de moitos correos co asunto ben, veñen os arquivos mal identificados ou sen identificación, así éme imposible ordenar o material e corrixilo.
Lémbrovos por última vez que tanto o ASUNTO como o ARQUIVO teñen que ter o seguinte formato:
1A_apelido_apelido_nome_21DCG_dia01
Non se admitirán aqueles correos ou arquivos entregados de forma incorrecta.
Por falta de tempo, non se enviará correo de aviso daqueles que sexan entregados de xeito incorrecto.
TODO O MUNDO TEN QUE ENTREGAR TODO BEN!
*Poderanse reenviar arquivos ata o domingo 29.
27 de febreiro de 2014
24 de febreiro de 2014
Ecolingüismo
CUESTIONARIO EXPOSICIÓN:
- Quen inventou o termo “ecolingüismo”? Cando?
- O ecolingüismo sostén que unha lingua é como un...
- Cales son as cinco razóns que xustifican a necesidade de protección dunha lingua?
- Unha lingua é cuestión individual dunha falante ou é unha cuestión social.
- Cando desaparece unha lingua segundo a UNESCO?
- Cantos idiomas se estima que poden desaparecer cada ano no séc. XXI?
- Que pasou en Galicia en só 12 anos (entre 1992 e 2004)?
- Que linguas están en perigo de extinción na Península segundo a UNESCO?
- De quen depende que unha lingua perdure?
- Que barreiras di a estudosa Goretti Sanmartín que hai que superar?
- Que significa normalizar o uso dunha lingua?
- Que documento europeo protexe as linguas?
27 de xaneiro de 2014
Verbos: exercicios
Nas seguintes ligazóns poderás atopar exercicios para practicares o estudo dos verbos coas súas correccións por cortesía de Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel.
ogalego.eu VERBO 1
ogalego.eu VERBO 2
25 de xaneiro de 2014
Semana do 27 de xaneiro
Dado que a vindeira semana teremos o exame de morfoloxía verbal, aprazamos o traballo sobre o libro de lectura obrigatorio para a seguinte semana para que teñades máis tempo para estudar. Con todo, avanzamos un pouco na lectura para que logo non se acumulen moitas páxinas nunha única semana.
Xoves 30 de xaneiro:
- exame de morfoloxía verbal*.
- compromiso de lectura de Ámote Leo A. ata a páx. 96.
Preguntas do exame de morfoloxía verbal:
- Segmenta as seguintes formas verbais indicando todos os morfemas constituíntes (aínda cando de trate de morfos cero) como fixemos na aula.
- Indica a forma verbal que se corresponde con cada definición.
- Define as seguinte formas verbais.
- Clasifica semanticamente as seguintes perífrases verbais.
*Abrangue o explicado na aula e o apartado de estudo da lingua dos temas 7, 8 e 9 do libro de texto.
20 de xaneiro de 2014
Practica a morfoloxía verbal
Velaquí tes unha serie de test para practicares a morfoloxía verbal por cortesía de Revolta da freixa.
Verbos galegos 1
Verbos galegos 2
Verbos galegos 3
Verbos galegos 4
Verbos galegos 5
Verbos galegos 6
Verbos galegos 7
Verbos galegos 8
Procedemento de uso:
1. Clica no link ao test.
2. Rexístrate na aplicación (só a primeira vez).
2. Realiza o test.
3. Cando o remates, clica en Enviar test, envía unha copia a pilarponteclases@gmail.com
Verbos galegos 1
Verbos galegos 2
Verbos galegos 3
Verbos galegos 4
Verbos galegos 5
Verbos galegos 6
Verbos galegos 7
Verbos galegos 8
Procedemento de uso:
1. Clica no link ao test.
2. Rexístrate na aplicación (só a primeira vez).
2. Realiza o test.
3. Cando o remates, clica en Enviar test, envía unha copia a pilarponteclases@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





