- Aluaxe
- Daqueloutra
- Augamariña
- Avultamento
- Camposanto
- Desventura
- Polo tanto
- Gardarríos
- Ingobernabilidade
- Lanzamísiles
- Limpaparabrisas
- Maleducado
- Malquerenza
- Marisco
- Ata que
- Matarratos
- Segundo
- Testamenteiro
- Tiraleite
- Xalundes
22 de abril de 2016
Práctica de análise morfolóxica de realización voluntaria
Traballo para a semana do 25 de abril: comentarios de cantigas de amor.
- Comentario de texto literario de A dona que eu am'e teño por señor de Bernal de Bonaval (p. 100) para a sesión do martes.
- Comentario de texto literario de Amor faz a min amar tal señor de Airas Núnez (p. 103) para a sesión do mércores (1B) ou xoves (1A).
19 de abril de 2016
Pero Meogo – “Levóus’ a louçana, levóus’ a velida”
Pero Meogo:
“Levóus’ a louçana, levóus’ a velida” – LIÑAS DE COMENTARIO TEXTUAL
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS COMO PRODUCIÓN MEDIEVAL
Ortográficas:
· levóus / levou,
velida, amava (vacilación na escrita)
· lhi (representación co dígrafo lh do fonema lateral
palatal hoxe representado con ll)
· levous’a (apóstrofo
para marcar a elisión dunha vogal)
Fónicas:
· levous’a / louçana / passou (representación do sistema
fonolóxico medieval de seis sibilantes)
· muit’ (hoxe forma dialectal)
Léxicas:
· louçana, fontana (arcaísmos)
Semánticas:
· cambio semántico: levous’a (sgdo. erguerse) / volvía a augua (sgdo. toldar)
CARACTERÍSTICAS
COMO PRODUTO TEXTUAL
·
texto
literario (produto fragmentario – reprodución textual dun
produto cultural oral e representado – conservado na escrita nos cancioneiros) – lírica – amatoria
CARACTERÍSTICAS
ATENDENDO AO SIGNIFICADO
·
lectura
literal (unha moza vai
lavar o cabelo na fonte, pasa por alí seu amigo, un cervo tolda a auga e ela
está contenta) / lectura implícita (unha
moza prepárase para o encontro sexual, preséntase o amigo e este consúmase, a
muller fica gozosa)
·
símbolos:
lavar os cabelos (rito iniciático) – cervo (virilidade) –
volver as augas (encontro sexual)
·
voz
lírica indeterminada, narrador omnisciente
·
personaxes:
voz lírica testemuña – a amiga – o amigo
·
espazo:
indeterminación topográfica, só unha fonte (lugar propio de encontro amoroso)
·
xénero:
c. de amigo (amigo, perspectiva da muller – C. da Vaticana ou C.
da Biblioteca Nacional de Lisboa) / subxénero sen determinar
CARACTERÍSTICAS
ATENDENDO AO ESTILO
·
estrutura
externa (6 cobras) /
interna (3 partes marcadas polo paralelismo literal 2 a 2)
·
paralelismo
(capacidade mnemotécnica)
- paralelismo literal ou verbal (1,
2, 3) por inversión (alteración
sintáctica 4), por substitución por
sinonimia (5)
- refrán (último
verso de cada cobra 6) – c. de refrán
- leixaprén (indicado
no texto 7)
·
versos
dodecasílabos con rima grave asonante (sitúa o poema preto do
modelo primitivo imitador dun lirismo autóctono tradicional)
CONCLUSIÓN
· Produción literaria medieval
· Cantiga de amigo (produto singular da lírica
galego-portuguesa)
· Pero Meogo (xograr galego – 9 cantigas de amigo)
·
complexidade formal (baixo aparencia de
sinxeleza)
11 de abril de 2016
Digades, filha, mia filha velida. Pero Meogo
-"Digades, filha, mia filha velida,
porque tardastes na fontana fría?".
-"Os amores ei".
-"Digades, filha, mia filha louçana,
porque tardastes na fría fontana?".
-"Os amores ei".
-"Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei.
Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amigo,
nunca vi cervo que volvess' o río".
-"Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amado,
nunca vi cervo que volvess' o alto".
-"Os amores ei".
Brea, Mercedes (dir.) (1996), Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
porque tardastes na fontana fría?".
-"Os amores ei".
-"Digades, filha, mia filha louçana,
porque tardastes na fría fontana?".
-"Os amores ei".
-"Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei.
Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amigo,
nunca vi cervo que volvess' o río".
-"Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amado,
nunca vi cervo que volvess' o alto".
-"Os amores ei".
Brea, Mercedes (dir.) (1996), Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
Del non se ten case información, e suponse que debeu ser contemporáneo do rei Don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325). Consérvanse nove cantigas de amigo da súa autoría.
Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo. Neste autor vese un amplo uso de símbolos da natureza, especialmente do cervo e a auga.
Fonte: "Pero Meogo" na Galipedia.
Fonte: "Pero Meogo" na Galipedia.
5 de abril de 2016
Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación I
Despois dos diversos aspectos analizados na aula, agora só nos queda cubrir as diferentes celas da rúbrica cos seus correspondentes indicadores de logro.
4 de abril de 2016
Comentario de cantiga medieval
BLOQUE I – Texto medieval
1. Localización do texto como un produto lingüístico da Idade Media.
BLOQUE II – Texto literario2. A súa condición como texto literario.
3. Identificación como texto lírico e dentro da lírica xustificar se é un exemplo de lírica amatoria ou burlesca.
BLOQUE III – Análise do contido
4. Análise do contido de cada cobra.
5. Voz lírica.
6. Caracterización das personaxes.
7. Interlocutores.
8. Espazos.
9. Dedución do xénero a partir do contido mediante a localización das súas características propias.
10. Especificidades dese xénero e posible determinación do subxénero.
BLOQUE IV – Análise da forma
11. Disposición estrutural en cobras e versos e clasificación atendendo a ela.
12. Presenza do paralelismo, xustificación do recurso e presenza de diferentes tipos.
13. Outros recursos estilísticos propios da época.
BLOQUE V – Conclusión
14. Outras cuestións como posible localización temporal, xeográfica ou persoal.
15. Conclusión valorativa sobre este tipo de produción literaria.
1 de abril de 2016
Literatura Medieval - Introdución
1. Visiona o seguinte capítulo titulado Lingua de reis. Lingua do pobo e realiza un esquema das ideas principais expostas no vídeo.
2. Agora poderemos ver unha síntese da literatura trobadoresca grazas á aula do profesor brasileiro Ibirá Costa de AuladE.com.br, un proxecto educativo de carácter social desenvolvido por profesorado co obxectivo de democratizar o coñecemento a través de aulas expositivas distribuídas de balde nas redes sociais.
3. Por último, nesta animación interactiva do Fitzwilliam Museum da Universidade de Cambridge poderemos ver as fases de elaboración dun manuscrito medieval. Este recurso baséase nunha páxina dun antigo libro do séc. XIV realizado para un bispo francés e que se coñece como o Pontifical de Metz.
Vía Caderno de Lingua.
2. Agora poderemos ver unha síntese da literatura trobadoresca grazas á aula do profesor brasileiro Ibirá Costa de AuladE.com.br, un proxecto educativo de carácter social desenvolvido por profesorado co obxectivo de democratizar o coñecemento a través de aulas expositivas distribuídas de balde nas redes sociais.
3. Por último, nesta animación interactiva do Fitzwilliam Museum da Universidade de Cambridge poderemos ver as fases de elaboración dun manuscrito medieval. Este recurso baséase nunha páxina dun antigo libro do séc. XIV realizado para un bispo francés e que se coñece como o Pontifical de Metz.
Vía Caderno de Lingua.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





