20 de febreiro de 2016
Mapa mental - Clases de palabras
![]() |
| Preme na foto para agrandar. |
10 de febreiro de 2016
Datas de controis e exame de avaliación do 2º trimestre
- Martes 16 de febreiro á hora da clase
Lembrade que co control de lectura e para dividir a materia, tamén avaliamos o léxico (acumulativo ao longo do curso) aínda que logo puntúe xunto coas preguntas do control.
- Luns 22 de febreiro á hora da clase
- Martes 8 de marzo ás 10:40 para os dous grupos
*No caso de que todo o mundo estivese de acordo.
Control 2ª Avaliación
Materia avaliable no control da 2ª avaliación.
- Clasificación morfolóxica de: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes ou determinantes (demostrativos, posesivos, cuantificadores e identificadores), pronomes persoais, preposicións e conxuncións).
- Clasificación semántica de substantivos, adxectivos e perífrases verbais.
- Segmentación mórfica e xustificación de compoñentes.
- Tipoloxía das oracións interrogativas.
- Contidos de sociolingüística (2 puntos):
- A antroponimia en galego.
- A diversidade lingüística e o galego no mundo.
- A diversidade lingüística de España. A lusofonía.
- Lingua minoritarias / Lingua minorizadas.
- Multilingüismo / Bilingüismo / Diglosia.
- Os prexuízos do galego.
*Nos contidos de sociolingüística desenvolverase un tema a escoller entre dous propostos de entre os seis sinalados. (Extensión aproximada 200-250 palabras)
*Os contidos de sociolingüística son aqueles que entran neste curso como así aparecen no libro de texto (repaso ademais dos de 4 da ESO) e que tiñades que ter desenvolto nas pílulas dos 21 Días co Galego).
9 de febreiro de 2016
Práctica para corrixir o luns 15 de febreiro
Comenta todo o que sexa pertinente das seguintes palabras:
- engrandecer
- ameixeira
- for
- embarcadoiro
- súa
- antediluviano
- nin
- estudardes
- mentres
- certa
- demasiado
- foxe
- meirande
- aqueloutras
- follaxe
- iso
- transformador
- quixermos
- dous
- desazo
- dárllelas (analiza só o subliñado)
- inmorredoiro
- cadelo
- por mor de
- achegamento
- mais
- fomos
- cincocentos trinta e un
- papelame
- nada
8 de xaneiro de 2016
Vertixe
Conseguirá a ovella entregar o material dos 21DCG antes do luns???
Continuará...
![]() |
| Imaxe de Vértigo y locuras. |
Continuará...
Os propósitos de Aninovo
Tes propósitos de Aninovo?
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é un bo momento para emprender novas aventuras persoais.
Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.

O orador (speaker) e instrutor (trainer) internacional RubénTurienzo indica unha serie de características que deben reunir os nosos
propósitos para ser correctos para nós. É o denominado código MARTE segundo o
cal, un bo propósito debe ser:
M – Medible (Debe poder cuantificarse en que
medida te vas achegando achegando á meta)
A – Alcanzable (Adaptado ás túas capacidades,
habilidades e contexto actual)
R – Retador (Supón un reto para ti e te fai
mellor)
T – Temporal (Podes establecer un tempo
concreto para a súa consecución ou para o seu desenvolvemento en caso de que se
trate dun reto que requira algún tipo de adestramento)
E – Específico (Ten un obxectivo concreto
facilmente definible)
E o teu propósito cumpre o código MARTE?
Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)