2 de maio de 2014

Traballo para a ponte e a semana do 5 de maio

Nesta presentación do profesor Román Landín atoparedes as principais claves da literatura galega medieval.


Nestoutra presentación da profesora Loli Cid tedes un resumo da prosa medieval.


Páx. 230 (7, 8)
Páx. 234 (2, 3, 6, 9)
Páx. 249 (6, 7, 9, 10)

Con isto e ir adiantando o estudo da teoría da literatura medieval considero que tedes traballo abondo para cubrir os deberes e as gardas correspondentes.

* O luns 5 pola tarde e  o martes 6 non acudirei ao instituto.

26 de abril de 2014

Traballo pendente semana 28 de abril de 2014 en diante

A partir do 28 de abril:
1º día - exame lingua.
2º día -  páxs. 224 e 225 (todos os exercicios)
3º día -  páxs. 224 e 225 (todos os exercicios) e mapa conceptual da Unidade 14

O martes 29 a 1º BAC B irá unha persoa de garda, durante esa sesión traballaredes nas prácticas arriba indicadas.

1 de marzo de 2014

Entroido

Entroido Viana do Bolo 2009_0098.JPG
Máscara do Entroido de Viana do Bolo
Como é moita a materia desta avaliación, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación das preguntas de teoría relativas ao bloque Lingua e sociedade.
Feliz Entroido!
______

Preguntas do bloque Lingua e sociedade:

- Sinala as etapas e subetapas da historia da lingua galega coa datación correspondente. (p. 24) (O termo subetapas fai referencia ás subdivisións que podemos establecer dentro do séc. XX)
- Sinala as 4 etapas da evolución da escrita do galego dende o século XIX coa datación correspondente. (pp. 76-79)
- O substrato prerromano e os superestratos xermánico e árabe. (pp. 25-26, 42-43)
- O galego na Idade Media. (pp. 27-29, 46)
- O galego nos Séculos Escuros (pp. 30-31, 46-47)
- O galego no Rexurdimento, o galego popularizante (pp. 60-63, 77-78)
- O galego no primeiro terzo do séc. XX, o galego diferencialista (1900-1936). (pp. 63-64, 78-79)
- O galego da Guerra Civil e da posguerra, o galego protoestándar (1936-1975). (pp. 64, 79-80)
- O galego na democracia, o galego estándar (1975-hoxe). (pp. 64-65, 80)
- Indica os 4 tipos de variedades que podemos atopar no interior das linguas e os criterios de variación que as orixinan. (pp. 94-97)
- Que é unha lingua natural? Que é unha lingua artificial? Que é unha lingua franca? Que é un pidgin? - Que é un crioulo? (p. 110)
- Que son linguas por distancia? Que son linguas por elaboración? (p. 111)
- Que é unha familia lingüística? Cales son as linguas románicas? Que familias lingüísticas proceden do indoeuropeo? (p. 112 e Galipedia)
- Cales son as cinco linguas máis faladas no planeta? - Cantos millóns de persoas falan o portugués? Con cantos millóns de persoas se pode comunicar un galego? (Galipedia)
- Explica a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria aplicándoo ao caso galego. (p. 114)
- Sinala as sete linguas oficiais que atopamos na Península Ibérica. (p. 126-127, 164)
- Que lexislación autonómica, estatal e europea recolle a protección do galego? (pp. 127-128, 146-149)
- Analiza os sistemas de normalización no ensino en Galicia, País Vasco e Cataluña e os seus resultados. (pp. 128-129, 148)
- Que territorios abrangue o dominio lingüístico galego? (pp. 143-145)
- Cales son os oito estados que teñen como lingua oficial o portugués? (p. 163)

27 de febreiro de 2014

AVISO ENTREGAS 21 DÍAS CO GALEGO

Estou atopando que dentro de moitos correos co asunto ben, veñen os arquivos mal identificados ou sen identificación, así éme imposible ordenar o material e corrixilo.
Lémbrovos por última vez que tanto o ASUNTO como o ARQUIVO teñen que ter o seguinte formato:
1A_apelido_apelido_nome_21DCG_dia01

Non se admitirán aqueles correos ou arquivos entregados de forma incorrecta.

Por falta de tempo, non se enviará correo de aviso daqueles que sexan entregados de xeito incorrecto. 

TODO O MUNDO TEN QUE ENTREGAR TODO BEN! 

*Poderanse reenviar arquivos ata o domingo 29.

24 de febreiro de 2014

Ecolingüismo





CUESTIONARIO EXPOSICIÓN:

  1. Quen inventou o termo “ecolingüismo”? Cando?
  2. O ecolingüismo sostén que unha lingua é como un...
  3. Cales son as cinco razóns que xustifican a necesidade de protección dunha lingua?
  4. Unha lingua é cuestión individual dunha falante ou é unha cuestión social.
  5. Cando desaparece unha lingua segundo a UNESCO?
  6. Cantos idiomas se estima que poden desaparecer cada ano no séc. XXI?
  7. Que pasou en Galicia en só 12 anos (entre 1992 e 2004)?
  8. Que linguas están en perigo de extinción na Península segundo a UNESCO?
  9. De quen depende que unha lingua perdure?
  10. Que barreiras di a estudosa Goretti Sanmartín que hai que superar?
  11. Que significa normalizar o uso dunha lingua?
  12. Que documento europeo protexe as linguas?