10 de febreiro de 2016

Control 2ª Avaliación




Materia avaliable no control da 2ª avaliación.
  • Clasificación morfolóxica de: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes ou determinantes (demostrativos, posesivos, cuantificadores e identificadores), pronomes persoais, preposicións e conxuncións).
  • Clasificación semántica de substantivos, adxectivos e perífrases verbais.
  • Segmentación mórfica e xustificación de compoñentes.
  • Tipoloxía das oracións interrogativas.
  • Contidos de sociolingüística (2 puntos):
  1. A antroponimia en galego.
  2. A diversidade lingüística e o galego no mundo.
  3. A diversidade lingüística de España. A lusofonía.
  4. Lingua minoritarias / Lingua minorizadas.
  5. Multilingüismo / Bilingüismo / Diglosia.
  6. Os prexuízos do galego.

*Nos contidos de sociolingüística desenvolverase un tema a escoller entre dous propostos de entre os seis sinalados. (Extensión aproximada 200-250 palabras)
*Os contidos de sociolingüística son aqueles que entran neste curso como así aparecen no libro de texto (repaso ademais dos de 4 da ESO) e que tiñades que ter desenvolto nas pílulas dos 21 Días co Galego).

Ningún comentario:

Publicar un comentario