10 de febreiro de 2016

Datas de controis e exame de avaliación do 2º trimestre


  • Martes 16 de febreiro á hora da clase
Control de lectura da obra De remate e léxico.
Lembrade que co control de lectura e para dividir a materia, tamén avaliamos o léxico (acumulativo ao longo do curso) aínda que logo puntúe xunto coas preguntas do control.


  • Luns 22 de febreiro á hora da clase
Control da 2ª Avaliación.


  • Martes 8 de marzo ás 10:40 para os dous grupos
Exame 2ª Avaliación.

*No caso de que todo o mundo estivese de acordo.

Control 2ª Avaliación




Materia avaliable no control da 2ª avaliación.
  • Clasificación morfolóxica de: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes ou determinantes (demostrativos, posesivos, cuantificadores e identificadores), pronomes persoais, preposicións e conxuncións).
  • Clasificación semántica de substantivos, adxectivos e perífrases verbais.
  • Segmentación mórfica e xustificación de compoñentes.
  • Tipoloxía das oracións interrogativas.
  • Contidos de sociolingüística (2 puntos):
  1. A antroponimia en galego.
  2. A diversidade lingüística e o galego no mundo.
  3. A diversidade lingüística de España. A lusofonía.
  4. Lingua minoritarias / Lingua minorizadas.
  5. Multilingüismo / Bilingüismo / Diglosia.
  6. Os prexuízos do galego.

*Nos contidos de sociolingüística desenvolverase un tema a escoller entre dous propostos de entre os seis sinalados. (Extensión aproximada 200-250 palabras)
*Os contidos de sociolingüística son aqueles que entran neste curso como así aparecen no libro de texto (repaso ademais dos de 4 da ESO) e que tiñades que ter desenvolto nas pílulas dos 21 Días co Galego).

9 de febreiro de 2016

Práctica para corrixir o luns 15 de febreiro

Comenta todo o que sexa pertinente das seguintes palabras:


  1. engrandecer
  2. ameixeira 
  3. for
  4. embarcadoiro
  5. súa
  6. antediluviano
  7. nin
  8. estudardes 
  9. mentres
  10. certa
  11. demasiado 
  12. foxe
  13. meirande
  14. aqueloutras
  15. follaxe 
  16. iso
  17. transformador
  18. quixermos
  19. dous
  20. desazo
  21. dárllelas (analiza só o subliñado)
  22. inmorredoiro
  23. cadelo
  24. por mor de
  25. achegamento
  26. mais
  27. fomos
  28. cincocentos trinta e un
  29. papelame
  30. nada