24 de abril de 2015

Traballos 3ª Avaliación

Cada alumno ou alumna deberá presentar dúas producións: 1 setestrelo relacionado dalgún xeito coa literatura ata o século XIX incluído e unha actividade de léxico con Ardora.

Prazos:
1º Prazo - 15 de maio - deberá estar entregado o setestrelo nas súas dúas versións.
2º Prazo - 18 de maio - deberá estar entregada a actividade de léxico.
3º Prazo - 22 de maio - por sorteo, poderán entregar o día 22 a actividade de léxico o seguinte alumnado 1A (números 13 Hugo ao 19 Abel e 1 Brais ao 3 Nagay) e 1B (números 4 Darío ao 13 José Piñeiro).

*No caso de que se faga o traballo en parellas ou tríos, para poder entregar a actividade de léxico o día 22 todos os integrantes deberán estar na listaxe do 3º prazo.

** Os setestrelos e actividades de léxico reservaranse no enderezo pilarponteclases@gmail.com e adxudicaranse por orde de chegada dos correos.


Que é un setestrelo?
É un conxunto de sete palabras especiais que se relacionan entre si e dan en brillar coma o Setestrelo (as 7 grandes das Pléiades), cada unha delas ou o seu conxunto.

Que ten que ter o noso setestrelo?
O noso setestrelo ten que ter: 1 PORTADA + 7 PALABRAS
1 PORTADA: cun texto de introdución ao setestrelo
7 PALABRAS: que brillen dentro do seu conxunto, que polo motivo que sexa, merezan ser coñecidas.

Como ten que ser a portada?
Na portada deben aparecer 1 texto de introdución e 1 imaxe.
O texto introdutorio debe ter unha extensión entre 1500 e 2000 caracteres, é importante poñer en relación o noso setestrelo coa realidade (cunha noticia ou acontecemento acto actual, coa vida cotiá das persoas, etc.).
A imaxe ten que estar libre de dereitos, isto é, ten que ter licenza compartida Creative Commons.

Que ten que aparecer en cada palabra?
Todas as palabras tanto do setestrelo como do dicionario visual van ter a mesma estrutura.
Imaxe: 
Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas: castelán, catalán, éuscaro, francés, inglés, portugués.
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.
* O setestrelo terá dúas publicacións, unha textual en web e outra en vídeo.
* O setestrelo deberá estar completamente rematado para o venres 15 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario