Máscara do Entroido de Viana do Bolo |
Como é moita a materia desta avaliación, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación das preguntas de teoría relativas ao bloque Lingua e sociedade.
Feliz Entroido!
______
Preguntas do bloque Lingua e sociedade:
- Sinala as etapas e subetapas da historia da lingua galega coa datación correspondente. (p. 24) (O termo subetapas fai referencia ás subdivisións que podemos establecer dentro do séc. XX)
- Sinala as 4 etapas da evolución da escrita do galego dende o século XIX coa datación correspondente. (pp. 76-79)
- O substrato prerromano e os superestratos xermánico e árabe. (pp. 25-26, 42-43)
- O galego na Idade Media. (pp. 27-29, 46)
- O galego nos Séculos Escuros (pp. 30-31, 46-47)
- O galego no Rexurdimento, o galego popularizante (pp. 60-63, 77-78)
- O galego no primeiro terzo do séc. XX, o galego diferencialista (1900-1936). (pp. 63-64, 78-79)
- O galego da Guerra Civil e da posguerra, o galego protoestándar (1936-1975). (pp. 64, 79-80)
- O galego na democracia, o galego estándar (1975-hoxe). (pp. 64-65, 80)
- Indica os 4 tipos de variedades que podemos atopar no interior das linguas e os criterios de variación que as orixinan. (pp. 94-97)
- Que é unha lingua natural? Que é unha lingua artificial? Que é unha lingua franca? Que é un pidgin? - Que é un crioulo? (p. 110)
- Que son linguas por distancia? Que son linguas por elaboración? (p. 111)
- Que é unha familia lingüística? Cales son as linguas románicas? Que familias lingüísticas proceden do indoeuropeo? (p. 112 e Galipedia)
- Cales son as cinco linguas máis faladas no planeta? - Cantos millóns de persoas falan o portugués? Con cantos millóns de persoas se pode comunicar un galego? (Galipedia)
- Explica a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria aplicándoo ao caso galego. (p. 114)
- Sinala as sete linguas oficiais que atopamos na Península Ibérica. (p. 126-127, 164)
- Que lexislación autonómica, estatal e europea recolle a protección do galego? (pp. 127-128, 146-149)
- Analiza os sistemas de normalización no ensino en Galicia, País Vasco e Cataluña e os seus resultados. (pp. 128-129, 148)
- Que territorios abrangue o dominio lingüístico galego? (pp. 143-145)
- Cales son os oito estados que teñen como lingua oficial o portugués? (p. 163)
Ningún comentario:
Publicar un comentario