28 de setembro de 2015

Texto 1 - O día da marmota (Xosé Maneiro)

 O día da marmota

Xosé
16 de setembro de 2015. Actualizado ás 05:00 h.

Cada ano o día do comezo de curso parécese moito a aquela película de Bill Murray na que se erguía no mesmo día unha e outra vez. Pois iso, falta de recursos materiais e humanos, deficiencias nas instalacións, conexión a Internet insuficiente... Son parte da xa ben coñecida rutina de todos os anos, á que este curso se lle engaden dous elementos máis: unha lei, a Lomce, que este curso se pon en marcha en ESO e bacharelato, e as axudas para adquisición de libros, que están a encher ás familias de preocupación e de angustia ante o comezo do novo curso.
Pero coma sempre, dalgún xeito, aquel no que alumnado, familias e profesorado traballan xuntos por unha educación pública libre e de calidade, as cousas funcionarán, as clases irán adiante e as alumnas e alumnos se poñerán a traballar e aprender. A sociedade merece, por fin, unha reforma educativa ben meditada, que recolla ideas de todos os sectores, que teña unha memoria económica que faga posible a súa posta a punto e, sobre todo, acordada. E isto non o poden facer só os políticos. Iso temos que facelo todas e todos, os profesionais en primeiro lugar (mestras e profesores, expertos de pedagoxía e de organización escolar, equipos directivos, psicólogos?), e, como non, os estudantes e as súas familias con eles, sen esquecer a asociacións culturais, deportivas, musicais...
O único camiño que nos queda é atopar puntos en común, buscar e traballar arreo un acordo; socio-político primeiro, profesional despois. Marcar os obxectivos para logo marcar contidos e metodoloxías, así como formas de retroalimentación do sistema, que adapte en cada momento a educación á realidade que vivimos. E todo con calma e sen presas e con previsión. O decreto que aprobaba o currículo de ESO e bacharelato de Galicia saíu publicado só dous días, 48 horas, antes de que comezara o prazo de matrícula nos institutos. A orde que regula as materias de libre configuración autonómicas e o seu currículo foi publicada cinco días despois de que rematara o devandito prazo.

Imaxe procedente de Orientación Andújar.

Como estudante vivín un só sistema educativo cunha soa lei, a LGE do 1970. Coma mestre sufrín seis (¡seis, mi madriña!) leis orgánicas que implicaban cambios no sistema educativo: a LODE 1985, Logse 1990, a Lopeg 1995, a LOCE 2002 -paralizada polo seguinte Goberno-, a LOE 2006 e agora a Lomce 2013. Cada unha leva o nome de pila «Lei Orgánica?» e, como non, de primeiro apelido o nome do partido que gobernaba nese momento e que o facía -menos en 1995- en maioría absoluta.
O protagonista de O día da marmota namórase da guapa da película, non sen antes aprender unha chea de cousas; nese momento comeza un novo día e remata o ciclo. Pois iso, xa é hora de que aprendamos e acabemos, entre todos, con esta situación, xa é hora de que comece un novo día.

Publicado en La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/09/16/dia-da-marmota/0003_201509B16C6994.htm

_________________

ACTIVIDADES SOBRE O TEXTO
  1. Indica o tipo de texto. Podemos sinalar unha tese e uns argumentos?
  2. Expresa oralmente a túa opinión con tres argumentos.
  3. Localiza as repeticións do texto e propón opcións de mellora para elas.
  4. Maiúsculas, minúsculas... que outro tipo de variantes tipográficas coñeces? Hai algún lugar no texto onde empregarías a cursiva?
  5. Repasa a maneira en que se cita unha data correctamente. Sabemos usar a palabra Internet? O seu emprego ofrece algún tipo de particularidade?
  6. Comenta a acentuación diacrítica no texto.
  7. Que tipo de palabra (categoría gramatical) é "arreo"? Saberías 3 sinónimos?
  8. Que tipo de palabra é "sociopolítico" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Procura 3 palabras nas que "socio-" signifique "sociedade".
  9. Que tipo de palabra é "retroalimentación" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Cal é o significado de "retro"? Saberías 3 palabras que inclúan este elemento?
  10. Que datos nos ofrece o enderezo web que acompaña o texto?

26 de setembro de 2015

Traballo para o luns 28 de setembro

Imaxe da Galipedia.
1 - Vai á nosa páxina de Facebook e en comentarios escribe o nome de 3 linguas europeas vivas que non sinalasen antes as túas compañeiras e compañeiros.
De cada unha delas indica:
- O número de falantes.
- A súa situación legal.
- A fonte e o ano do dato (con link se é dixital).

*Os vosos comentarios deixádeos na intervención dedicada ás linguas europeas, non como comentario xeral á páxina.

2 -  Ter realizadas as actividades do texto "O día da marmota" de Xosé Maneiro.

1 de xullo de 2015

Convocatoria extraordinaria de setembro 2015


En setembro haberá unha proba extraordinaria que, como tal, está enfocada a comprobar se o alumnado reúne os requisitos mínimos para superar a materia. É por isto que se incidirá nesa proba en aprendizaxes básicas vistas con dedicación durante o curso e que xa o alumnado coñece.

A estrutura da proba será a seguinte:

1 – Cuestións prácticas de lingua (morfoloxía, semántica, perífrases, inf. conxugado). (4 puntos)

2 – Sinala a palabra ou expresión estudada neste curso. (3 puntos)

3 – Pregunta breve de teoría literaria. (2 puntos)

4 – Pregunta de teoría de lingua. (1 punto)


*Lémbrase que o alumnado que non superase a lectura dalgunha das obras obrigatorias en xuño deberá presentarse á proba de lectura en setembro. Para a proba extraordinaria de xuño xa cada alumna e alumno foi informado individualmente da súa situación a este respecto.

22 de xuño de 2015

16 de xuño de 2015

Números

Espero que estea todo ben e non me ter confundido.

4
3
1
10
10
10
3
9
9
8
3
8
7
5
5
2
5
9
4
--

7
10
6
6
7
6
1
1
2
8
1
5
7
5
1
7
7
*
10

11 de xuño de 2015

Cuestións exame xuño 2015


1 – Cuestións prácticas de lingua (morfoloxía, semántica, perífrases, inf. conxugado). (4 puntos)

2 – Sinala a palabra ou expresión estudada neste curso. (3 puntos)

3 – Pregunta breve de teoría literaria. (2 puntos)

4 – Pregunta de teoría de lingua. (1 punto)

4 de xuño de 2015