29 de decembro de 2015

Tarde





Quero informarvos de que a  día de hoxe, 30 de decembro, aínda non me chegou o voso documento co deseño dos 21 Días co Galego detallado. Ese produto tiña que estar entregado o 20 de decembro como máximo (fai 10 días). Así non podo ir poñéndome en contacto con cada grupo como quedamos. De non cambiar a situación non ides ter a oportunidade de realizar o traballo pendente e que non fixestes ao longo do trimestre. Lémbrovos que xa se atrasou unha semana o inicio dos 21 Días co Galego 2016 para comezar o 18 de xaneiro.

6 de decembro de 2015

Un animal chamado néboa - Léxico seleccionado polo alumnado



  1. Chaga
  2. Abafante
  3. Abatemento
  4. Agromar
  5. Albo
  6. Amenorrea
  7. Ampuloso
  8. Anicar
  9. Ánima
  10. Apoplexía
  11. Asiduo/a
  12. Avidez
  13. Azo
  14. Benévolo
  15. Birlo
  16. Bisbar
  17. Borboriño
  18. Brasón
  19. Buligar
  20. Cabalas
  21. Cancela
  22. Capelán
  23. Carraxe
  24. Rexoubaban
  25. Perpetrando
  26. Esvástica
  27. Cascallos
  28. Cerrume
  29. Chaga
  30. Chancear
  31. Chumbo
  32. Cirros
  33. Cofar
  34. Colector
  35. Comparecencia
  36. Confabular
  37. Confeccionar
  38. Corna
  39. Couza
  40. Crecho
  41. Crepitar
  42. Crispación
  43. Dantesca
  44. Degoxo
  45. Diván
  46. doután
  47. Embate
  48. Empolicarse
  49. Entullo
  50. Escualo
  51. Escuma
  52. Esgazar
  53. Eslora
  54. Esnaquizar
  55. Espido
  56. Estarrecedor
  57. Estirpe
  58. Estocada
  59. Estomballar
  60. Estourar
  61. Exonerar
  62. Faíscas
  63. Fedor
  64. Féretro
  65. Fornecemento
  66. Fusta
  67. Gabarra
  68. Gorentoso
  69. Improperio
  70. Índigo
  71. Inexorable
  72. Introspección
  73. Irisadas
  74. Irisado
  75. Irradia
  76. Irrisorios
  77. Labra
  78. Ladaíña
  79. Lóstrego
  80. Lúgubre:
  81. Luxado
  82. Mariscal
  83. Melaza
  84. Nácara
  85. Nacionalsocialismo
  86. Nobelo
  87. Noutrora
  88. Novelo
  89. Nubeiro
  90. Pairar
  91. Partisano
  92. Pataco
  93. Peitoril
  94. Periscopio
  95. Pira
  96. Podremia
  97. Pouta
  98. Preada
  99. Preludio
  100. Presada
  101. Prodiga
  102. Proferiu
  103. Pústulas
  104. Randeeira
  105. Rasurar
  106. Rauto
  107. Refacho
  108. Res
  109. Rexoubar
  110. Saña
  111. Senilidade
  112. Sibilino
  113. Singradura
  114. Sobordar
  115. Socate
  116. Solleiro
  117. Sórdido
  118. Souto
  119. Supurar
  120. Talante
  121. Telúrico
  122. Tempas
  123. Tinguida
  124. Trincheira
  125. Tumefacto
  126. Úlcera
  127. Urbe
  128. Vehemencia
  129. Vimbio
  130. Víveres

4 de decembro de 2015

Ampliación de prácticas de morfoloxía

 
Papaventos na Wikipedia.


En resposta á petición dalgún alumnado, publico unha listaxe de palabras que vos poden servir de práctica para preparar o exame de avaliación.
*Non é obrigatorio analizalas, son só para a práctica particular de quen o desexe.


lanzachamas, refrescante, intocable, desexar, atemorizado, cortaferro, incómodo, sanatorio, transoceánico, papaventos, empequenecer, lavadoiro, sanidade, desbloquear, golpetazo, vichelocrego, sobrealimentación, mulleruca, vilanovesa

20 de novembro de 2015

Morfoloxía nominal

Estraloque ou dedaleira (DIGITALIS PURPUREA)



Realiza os seguintes exercicios:
Páx. 63: 2 (as palabras base son as que nós denominamos como simples), 3, 5, 6, 7.
Páx. 65: 8, 9, 10 (utilizaremos a clasificación facilitada na aula).
Páx. 80: 7, 8, 9.

*A entrega do texto sobre os medios de comunicación quedará para a vindeira semana porque continuaremos tratando ese tema este luns na aula de informática.

9 de novembro de 2015

Morfoloxía verbal

Imaxe de Estudo pratico.

Analiza as seguintes formas verbais. Para iso indica:
- os seus morfemas
- o tipo de morfema en cada caso
- o tipo de palabra segundo a súa estrutura mórfica
- a categoría gramatical da palabra

protestaron
bocexou
sinala
bebín
riron
comprenderedes
lerdes
para
negaran
partide
bebemos
collo
mergullemos
corrixa
aprobásedes
quererías
salientabades
amares
canta
pararamos
acendesen
calade
andamos
escollerías
acadabamos

8 de outubro de 2015

7 Días libres


A partir do luns 12 rómpense as regras e todo ha de ser como ti queiras.

Imaxe da Wikimedia.

Só tes de límite unhas poucas condicións:
  1. Facer todo o que queiras está ao teu alcance.
  2. Ningún adulto poderá limitar a túa liberdade.
  3. Cada día deberás facer algo para mellorar o planeta e algo por alguén coñecido ou descoñecido.
  4. Os adultos que te rodean están en folga de ti.
  5. Todo ten que ser posible.
  6. Só tes 7 días. O domingo 18 tes que volver.
Como entregas a túa experiencia?
  1. Escríbea nun documento .doc.
  2. Cada día unha páxina co seu texto e 1 imaxe de creación propia.
  3. Súbea á túa conta de Dropbox ou GDrive.
  4. Antes do domingo 25 de outubro envía o enlace para compartilo a pilarponteclases@gmail.com, asunto: 1A_oteunumerodeclase_7diaslibres ou 1B_oteunumerodeclase_7diaslibres
  5. O enlace ao teu arquivo aparecerá publicado neste blog nunha entrada conxunta coas vosas producións.
Vémonos á volta.

30 de setembro de 2015

Texto 2 - Principios e obxectivos do bacharelato LOMCE


Imaxe de Kilroy.
DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
TÍTULO II
Bacharelato
CAPÍTULO I
Principios e obxectivos
Artigo 25. Finalidade
O bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior.
Artigo 26. Obxectivos
O bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan:
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.
l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables.
o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.
p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
Artigo 27. Principios metodolóxicos
1. Os centros docentes implementarán metodoloxías que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas características individuais e/ou estilos de aprendizaxe, co fin de conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Así mesmo, estas metodoloxías deberán favorecer a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e promover o traballo en equipo, e para aplicar métodos de investigación apropiados.
2. A metodoloxía que se utilice no bacharelato favorecerá o traballo individual e en grupo, o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o uso de técnicas e hábitos de investigación en distintos campos do saber, a capacidade do alumnado de aprender por si mesmo, así como a transferencia e a aplicación do aprendido.
3. As tecnoloxías da información e da comunicación serán unha ferramenta necesaria para a aprendizaxe en todas as materias, tanto polo seu carácter imprescindible na educación superior como pola súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e a inserción laboral.
4. A consellería con competencias en materia de educación promoverá as medidas necesarias para que as habilidades de comprensión de lectura e de uso da información, a expresión escrita e a capacidade de se expresar correctamente en público se traballen polo profesorado en todas as materias. O alumnado de bacharelato debe adquirir, ademais, un manexo adecuado da información en diferentes soportes e procedente de distintas fontes, incluída a biblioteca escolar, en liña co concepto de alfabetizacións múltiples.
5. Os centros docentes impartirán de xeito integrado o currículo de todas as linguas da súa oferta educativa, co fin de favorecer que todos os coñecementos e as experiencias lingüísticas do alumnado contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe. No proxecto lingüístico do centro concretaranse as medidas tomadas para a impartición do currículo integrado das linguas. Estas medidas incluirán, polo menos, acordos sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as linguas, acordos sobre a terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará aos contidos, aos criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe similares nas materias lingüísticas, de xeito que se evite a repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe de calquera lingua.
6. A acción titorial e a orientación educativa e profesional terán un papel relevante nesta etapa. O/a profesor/a titor/a coordinará a intervención educativa do equipo docente e manterá unha relación permanente cos pais, coas nais ou cos titores e coas titoras legais, co fin de garantir o exercicio dos dereitos recoñecidos no artigo 4.1.d) e g) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
*Tamén podes descargar o texto en formato .doc a través da seguinte 
https://www.dropbox.com/s/ocyims0ppacaaf1/Texto%202-Principios%20e%20obxectivos%20do%20bacharelato%20LOMCE.doc?dl=0

_________________

ACTIVIDADES SOBRE O TEXTO
  1. Indica o tipo de texto segundo a intención comunicativa e segundo o ámbito de uso. Sinala dúas características coas que poidas xustificar a túa resposta. (As respostas que precisas pódelas atopar no libro de texto.)
  2. Cantos son os obxectivos sinalados para o bacharelato no Artigo 26? Cres que no texto todos os obxectivos son igual de importantes ou se establece algún tipo de xerarquía entre eles?
  3. Cales son os obxectivos referidos especificamente á competencia lingüística do alumnado? Que se di neles?
  4. Indica algún contido do texto que che resultase especialmente interesante, te sorprendese ou che gustaría salientar? Cal? Por que?
  5. Realiza un esquema no que deas conta da estrutura do texto e dos seus principais contidos.
  6. Cres que para ti como membro do alumnado resulta interesante este texto? Xustifica a túa resposta.
  7. Veste reflectido ou reflectida no tipo de adolescente retratado no texto? Xustifica a túa resposta.
  8. Segmenta morfoloxicamente a palabra "impartición" e sinala a súa clasificación segundo a estrutura mórfica (simple, derivada, composta, parasintética).
  9. Procura cinco substantivos abstractos no texto e indica se son abstractos de cantidade, de calidade ou de fenómeno.
  10. Indica o significado dos seguintes termos e expresións no seu contexto:
- Ordenación sustentable do territorio (no obxectivo L do Artigo 26).
- Patrimonio material e inmaterial galego (no derradeiro obxectivo do Artigo 26).
- Transferencia (no segundo principio metodolóxico do Artigo 27).
- Alfabetizacións múltiples (no cuarto principio metodolóxico do Artigo 27. Cantas e cales son?)


Criterios de corrección da actividade 1


1 - Vai á nosa páxina de Facebook e en comentarios escribe o nome de 3 linguas europeas vivas que non sinalasen antes as túas compañeiras e compañeiros.
De cada unha delas indica:
- O número de falantes.
- A súa situación legal.
- A fonte e o ano do dato (con link se é dixital).


*Os vosos comentarios deixádeos na intervención dedicada ás linguas europeas, non como comentario xeral á páxina.

Para superar satisfactoriamente a actividade deberán estar ben os seguintes aspectos:
  1. A resposta deberá estar entregada en prazo (antes do día 29) na nosa páxina de Facebook. 
  2. A denominación da lingua e dos topónimos debe ser correcta en galego e non pode estar repetida porque a elixise alguén con anterioridade.
  3. Ser correctos os datos da situación legal.
  4. Dada a súa brevidade, a resposta non poderá conter incorreccións lingüísticas.

*Non se consideran correctas aquelas respostas onde na situación legal só se indica oficial/non oficial cando a lingua en cuestión presenta diferentes condicións nos diversos territorios.

28 de setembro de 2015

Texto 1 - O día da marmota (Xosé Maneiro)

 O día da marmota

Xosé
16 de setembro de 2015. Actualizado ás 05:00 h.

Cada ano o día do comezo de curso parécese moito a aquela película de Bill Murray na que se erguía no mesmo día unha e outra vez. Pois iso, falta de recursos materiais e humanos, deficiencias nas instalacións, conexión a Internet insuficiente... Son parte da xa ben coñecida rutina de todos os anos, á que este curso se lle engaden dous elementos máis: unha lei, a Lomce, que este curso se pon en marcha en ESO e bacharelato, e as axudas para adquisición de libros, que están a encher ás familias de preocupación e de angustia ante o comezo do novo curso.
Pero coma sempre, dalgún xeito, aquel no que alumnado, familias e profesorado traballan xuntos por unha educación pública libre e de calidade, as cousas funcionarán, as clases irán adiante e as alumnas e alumnos se poñerán a traballar e aprender. A sociedade merece, por fin, unha reforma educativa ben meditada, que recolla ideas de todos os sectores, que teña unha memoria económica que faga posible a súa posta a punto e, sobre todo, acordada. E isto non o poden facer só os políticos. Iso temos que facelo todas e todos, os profesionais en primeiro lugar (mestras e profesores, expertos de pedagoxía e de organización escolar, equipos directivos, psicólogos?), e, como non, os estudantes e as súas familias con eles, sen esquecer a asociacións culturais, deportivas, musicais...
O único camiño que nos queda é atopar puntos en común, buscar e traballar arreo un acordo; socio-político primeiro, profesional despois. Marcar os obxectivos para logo marcar contidos e metodoloxías, así como formas de retroalimentación do sistema, que adapte en cada momento a educación á realidade que vivimos. E todo con calma e sen presas e con previsión. O decreto que aprobaba o currículo de ESO e bacharelato de Galicia saíu publicado só dous días, 48 horas, antes de que comezara o prazo de matrícula nos institutos. A orde que regula as materias de libre configuración autonómicas e o seu currículo foi publicada cinco días despois de que rematara o devandito prazo.

Imaxe procedente de Orientación Andújar.

Como estudante vivín un só sistema educativo cunha soa lei, a LGE do 1970. Coma mestre sufrín seis (¡seis, mi madriña!) leis orgánicas que implicaban cambios no sistema educativo: a LODE 1985, Logse 1990, a Lopeg 1995, a LOCE 2002 -paralizada polo seguinte Goberno-, a LOE 2006 e agora a Lomce 2013. Cada unha leva o nome de pila «Lei Orgánica?» e, como non, de primeiro apelido o nome do partido que gobernaba nese momento e que o facía -menos en 1995- en maioría absoluta.
O protagonista de O día da marmota namórase da guapa da película, non sen antes aprender unha chea de cousas; nese momento comeza un novo día e remata o ciclo. Pois iso, xa é hora de que aprendamos e acabemos, entre todos, con esta situación, xa é hora de que comece un novo día.

Publicado en La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/09/16/dia-da-marmota/0003_201509B16C6994.htm

_________________

ACTIVIDADES SOBRE O TEXTO
  1. Indica o tipo de texto. Podemos sinalar unha tese e uns argumentos?
  2. Expresa oralmente a túa opinión con tres argumentos.
  3. Localiza as repeticións do texto e propón opcións de mellora para elas.
  4. Maiúsculas, minúsculas... que outro tipo de variantes tipográficas coñeces? Hai algún lugar no texto onde empregarías a cursiva?
  5. Repasa a maneira en que se cita unha data correctamente. Sabemos usar a palabra Internet? O seu emprego ofrece algún tipo de particularidade?
  6. Comenta a acentuación diacrítica no texto.
  7. Que tipo de palabra (categoría gramatical) é "arreo"? Saberías 3 sinónimos?
  8. Que tipo de palabra é "sociopolítico" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Procura 3 palabras nas que "socio-" signifique "sociedade".
  9. Que tipo de palabra é "retroalimentación" segundo a súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética)? Cal é o significado de "retro"? Saberías 3 palabras que inclúan este elemento?
  10. Que datos nos ofrece o enderezo web que acompaña o texto?