21 de novembro de 2013

AVISO IDENTIFICACIÓN DE DOCUMENTOS

Despois de máis de dous meses de curso considérase rematado o prazo de aprendizaxe do protocolo de entrega de traballos e envío de correos electrónicos. 
De agora en diante, cando un correo se entregue correctamente recibirá a súa confirmación de recepción, se é entregado de xeito incorrecto non recibirá nada e considerarase non entregado o traballo.

Protocolo de entrega de traballos (identificación de documentos)


Sinálanse aquí as normas para a correcta identificación de documentos:


Identificación persoal
Estrutura: cursoegrupo_apelido_apelido_nome
*Nos traballos en grupo a identificación será a da persoa que se elixa como voceira ou persoa de contacto do grupo
Ex.:
4A_ponte_patiño_pilar

Arquivo
Estrutura: identificación_nomedoarquivo_nº
*O número indicarase só no caso de arquivos que formen parte de listaxes, p.ex. nos podcast. A numeración realizarase sempre con dous díxitos para o seu correcto arquivado.
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar_olecernamocidade
4A_ponte_patiño_pilar_aprofa_01

Correo electrónico
Estrutura: identificación asunto
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar O lecer na mocidade
4A_ponte_patiño_pilar Dúbida para o exame
4A_ponte_patiño_pilar Podcast Aprofa 01

Asuntos pendentes 2013/11/20



Para mañá xoves 21 de novembro. Comezaredes na clase a realizar as seguintes actividades e rematarédelas na casa.
Libro de texto
Páx. 36: 1, 2.
Páx. 37: 3, 4, 5.
Páx. 49: 2.
Analiza as seguintes palabras e locucións:
  1. adozar
  2. antiaéreas
  3. ao pé
  4. aterrar
  5. benquerido
  6. camiñada
  7. cantidade
  8. daquela
  9. decrecente
  10. do que
  11. ducia
  12. en vez de
  13. engano
  14. entón
  15. gobernamental
  16. lectura
  17. mentres
  18. podrecer
  19. por mor de que
  20. se
  21. subterráneo
  22. xunta
  23. canseira
  24. vacaloura
  25. aninovo

17 de novembro de 2013

Exame 18 de novembro de 2013

Clasifica morfoloxicamente: 

- preposicións e locucións prepositivas
- conxuncións e locucións conxuntivas (indicando tipo e subtipo)
- demostrativos
- posesivos
- substantivos (indicando tamén a clasificación semántica)
- adxectivos (indicando o grao)
- contraccións de preposicións con pronomes e determinantes (p.ex. dunha, destes, etc.)

30 de outubro de 2013

Semana do 4 de novembro

Imaxe vía Lengua y literatura.
  1. Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar. 
  2. O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade (luns). 
  3. Tamén deberedes traer preparada a seguinte actividade. Na aula realizaremos as gravacións dos resumos (1B o martes e 1A o mércores).
ACTIVIDADE: Resume oralmente a novela en dous minutos. 
Esta é unha actividade na que traballarás o discurso oral planificado, isto significa que antes de pronunciar o teu resumo deberás preparalo. Para isto ten en conta as seguintes recomendacións: nun papel fai un esquema previo para elixir ben o que vas dicir, fíxate en que a túa linguaxe debe ser correcta, por último practica na casa para medir ben o tempo. É importante que ensaies diante dun espello así poderás traballar tamén a túa linguaxe non verbal (posturas, acenos...), todo conta. 

21 de outubro de 2013

Organización pola folga contra a LOMCE

 
Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira.Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.

Distribución das sesións de aula da semana do luns 28

1ª Sesión- Exame oral ou escrito dos contidos do tema 1, das preposicións e do vocabulario visto ao longo do curso.

2ª Sesión
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar.
- Do libro deberedes ter lido como mínimo ata o capítulo que inclúa a páx. 100 incluído.

30 de setembro de 2013

Partes do corpo

Instalación de Spencer Tunick en Ámsterdan.
PARTES DO CORPO
A CABEZA: o curuto; a cara, face ou faciana; a fronte; a tempa, sen ou vidalla; a orella; o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a pupila ou meniña do ollo; a fazula ou meixela; a bochecha ou o pómulo; o nariz; as ventas do nariz; a boca; o beizo ou labio; o dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do padal; a campaíña ou úvula; a gorxa; o queixo; a queixada (rexión da meixela que se corresponde coa mandíbula); a papada, o papo (papo da cara) ou a papeira; o colo ou o pescozo (non se pode utilizar pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.
O TRONCO: o ombreiro ou ombro; a axila ou sobrazo; as costas; a omoplata; o lombo (dende os ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do lombo, pl. os cadrís); o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o ano, o fecho ou o ollo do cu; o peito (xenérico); o peito, o seo, a teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola; o ventre ou abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira; a pube; a vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo (coloq. o collón ou o ovo).
O BRAZO:o cóbado; o antebrazo; o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno, cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo; os dedos;o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano, medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.
A PERNA: a ingua, éngoa ou virilla; a coxa; o nocello; a sofraxe; a canela; o papo da perna; o nocello, o noelo ou o tornecelo; o pé; a empeña; a deda; a planta do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.